Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información de prazas libres nos campamentos urbanos do Fórum e do Ágora

As persoas que o precisen poderán solicitar as prazas vacantes a partir do 25 de xuño chamando por teléfono ao centro do seu interese:

• FORUM: 981 184 293

• ÁGORA: 981 189 888

Informaremos sobre a dispoñibilidade de prazas en cada unha das quendas, que irá variando en función das chamadas recibidas. 

Deberán facilitarnos o nome do/a neno/a, a quenda e a modalidade horaria solicitada.

Para formalizar a praza, deberán aboar a cota correspondente mediante transferencia á conta número:  ES81 2080 0380 6230 4000 5657; e enviar  o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org xunto co nome da/o participante, a quenda e modalidade horaria correspondentes.

Dispoñen de 24 horas, dende o momento da chamada, para formalizar a praza. Deste xeito a praza quedará adxudicada e será confirmada pola organización á volta do correo ou mediante chamada telefónica.

Agradecémoslles que nos fagan saber a través do mesmo correo se a/o participante ten algún tipo de alerxia alimentaria, de necesidade de atención específica individualizada, de atención médica específica ou outras cuestións de interese para unha mellor adaptación do seu fillo o da súa filla á actividade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión