Celebramos o International Games Month nas Bibliotecas Municipais da Coruña
Para crianzas de 3 a 10 anos
Infantil
21/11/2025
Xa rematou
Das 17.30 ás 19.30 h.
2 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tlf. 981 18 43 88
Como todos os venres dende que contamos con xogos de mesa na biblioteca, teremos unha tarde de xogo libre, pero esta vez, o venres 21 de novembro, de 17.30 a 19.30h., continuamos a celebrar o International Games Month (IGM) na Biblioteca Municipal Durán Loriga coa dinamización de xogos para peques de entre 3 e 10 anos, da man dunha compañeira que os preparaou con moito agarimo para a ocasión.
Se queredes que os vosos pequenos e pequenas coñezan novos xogos e velos disfrutar xogando, só tedes que achegarvos á Biblioteca Durán Loriga no horario indicado.
Recordade que temos moitos xogos para todas as idades, dispoñibles para levar en préstamo, que podedes consultar a través do noso catálogo (na sección de xogos), na propia biblioteca, ou preguntándonos para que vos orientemos. Sempre hai un xogo para cada xogador esperando a ser descuberto!
Esperámosvos!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible