Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2020

Itinerarios virtuais estrea Instagram

A través deste perfil social publícase unha foto diaria con anécdotas e curiosidades sobre A Coruña

A versión dixital do programa Itinerarios 2020-21 , Itinerarios virtuais, vai collendo máis forma conforme avanza o período do estado de alarma decretado para poñer freo á pandemia do coronavirus.

Despois de habilitar un blog específico e de crear un perfil en Facebook desde o que se retransmiten os itinerarios virtuais, a Federación Provincial das ANPA acaba de abrir unha conta en Instagram. A través deste perfil social publícase diariamente unha fotografía acompañada dun texto con anécdotas e curiosidades da Coruña, "pequenas historias da nosa cidade".

Completa a rede de perfís sociais de Itinerarios virtuais unha canle de Youtube na que se publican os vídeos da sección "Sabías que...?", con máis curiosidades da cidade herculina. Ademais, está previsto que a próxima semana se estree a sección "Canto sabes de...?" que consistirá nun concurso no que poderán participar as persoas usuarias.

Participación

Ata o momento, o blog superou as 3.000 visitas e no perfil de Facebook rexistráronse máis de 1.600 reproducións no conxunto de vídeos de Itinerarios virtuais.

Calendario para a semana do 20 ao 24 de abril

  • Martes 21 ás 17.00 h: Itinerarios sobre personaxes coruñeses I
  • Xoves 23 ás 17.00 h: Itinerarios sobre personaxes coruñeses II
  • Venres 24 ás 12.00 h: Sabías que...?

Despois de cada itinerario de Facebook, publícanse actividades relacionadas con esa temática no blog.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión