Concello da Coruña

Concello da Coruña

IX Encontro Artes pola Integración

O proxecto "Encontro Artes pola Integración" ten como obxectivo xeral romper as brechas e substituílas por vías de acceso bidireccionais entre artistas e persoas con capacidades diferentes, entre a comunidade e as persoas excluídas e entre estas e a sociedade para fomentar o coñecemento, o recoñecemento e en definitiva a inclusión social.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/08/2020 ata o 06/08/2020

Xa rematou

Documentos:

04-IX-ENCONTRO-ARTES-POLA-INTEGRACION-programa.pdf (847 KB)

As diferentes facetas deste proxecto integrador e transformador teñen tamén por obxectivo utilizar a arte visual, o cinema, a música, a danza, o teatro e as técnicas dramáticas como un instrumento eficaz para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersoais derivados da exclusión.

Ao construír unha sociedade aberta en pleno século XXI habemos de satisfacer desde o respecto da diferenza as demandas de todos os sectores sociais, pero en especial as dos grupos marxinados e vulnerables da sociedade.

Recoñecemos por iso as necesidades especiais dos individuos con diversidade de capacidades e as persoas con discapacidades ou con outras capacidades para que atopen neste proxecto un lugar de creación e de convivencia cun programa innovador e contemporáneo como é o proxecto "Encontro Artes pola Integración".

ESPAZOS ABANDONADOS

Continuamos nesta edición co uso de espazos abandonados da cidade para presentar as propostas artísticas, espazos en desuso, apartados ou esquecidos. Unha metáfora ou paralelismo con certas persoas que por ser diferentes sofren o abandono social e precisan ser visibilizadas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión