"Ás veces esquecemos que podemos voar." Fascinante alegación á liberdade individual onde as mulleres son as protagonistas.
Para público en xeral
Dende o 17/06/2021 ata o 19/06/2021
Xa rematou
* xoves e venres ás 20.00 h. Sábado ás 17.30 h e 20.00 h
Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € ( carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
Sábado ás 17.30 h (sesión do/a espectador/a): prezo único 1,50 €
**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e acceder á sala de cinema.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Usar máscara de forma obrigatoria.
- Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
- Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
- Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos. Actuar con responsabilidade.
Suxestivo debut de Nicolás Pacheco, quen realiza unha dirección fascinante e un guión espléndido. Con personaxes que lembran os "esquecidos" de Buñuel, Jaulas é unha alegación á liberdade individual, principalmente a das mulleres.
Nun poboado andaluz que se quedou ancorado no tempo, Concha e a súa filla Adela soñan cunha vida mellor. Farta do ambiente opresivo e dun marido cruel, Concha decide arriscalo todo e escapa coa súa filla á cidade. A súa fuxida converterase nunha aventura na que loitarán por escapar das gaiolas que sempre foron as súas vidas.
Con Estefanía de los Santos e Belén Ponce de León
España, 2018 - 96 min - (VOS en castelán)
VENDA DE LOCALIDADES
Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
Venda telefónica: 662 867 109
Venda no despacho de billetes do Fórum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 a 14.00 h e de 15.00 a 18.00 h, e venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible