Concello da Coruña

Concello da Coruña

Kız Kardeşler (Un conto de tres irmás)

Anos 80. Reyhan, Nurhan e Havva son tres irmás que viven co seu pai nunha remota aldea da Anatolia central.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/01/2022 ata o 15/01/2022

Este evento xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné Xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Unha tras outra son enviadas á cidade para traballar como criadas en familias adoptivas acomodadas coa esperanza de conseguirlles unha vida mellor, mais un tempo despois, as tres vense obrigadas a regresar por circunstancias imprevistas. Por primeira vez en varios anos, as tres irmás volven estar xuntas na súa aldea natal, onde se enfrontan a novas contornas, relacións e enfrontamentos inesperados.

Con Cemre Ebuzziya e Ece Yüksel

Turquía, 2019 - 111 min - (VOS en castelán)

Formato: Blu-ray

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión