Concello da Coruña

Concello da Coruña

Les estivants (A casa de verán) de Valeria Bruni Tedeschi

A unha grande e fermosa casa da Costa Azul, un lugar que parece fóra do tempo e protexido contra o mundo, chega Anna coa súa filla para pasar uns días de descanso.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/01/2021 ata o 09/01/2021

Xa rematou

Horario:

* xoves e venres ás 20.15 h

* sábados ás 17.15 e 20.15 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comecen as proxeccións non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Xoves, venres e sábado ás 20.15 h: 3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €)

Sábado ás 17.15 h (sesión do/a espectador/a): prezo único 1,50 €

**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder á sala de cinema.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

Contacto:

forum@coruna.es

Rodeada da súa familia, as súas amizades e os seus empregados, Anna intenta como pode recuperarse dunha ruptura recente, á vez que prepara a escritura da súa próxima película. Tras as risas, as cóleras e os segredos, albíscanse as relacións de dominación, os medos e os desexos. Cada cal fai oídos xordos ao ruído do mundo á súa maneira e debe afrontar o misterio da existencia propia.

Con: Valeria Bruni Tedeschi e Pierre Arditi

Francia 2018, - 128 min VOS en castelán

Non recomendada para menores de 12 anos

Venda de entradas

Despacho de billetes da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum: día de proxección desde media antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión