Concello da Coruña

Concello da Coruña

Levántate, Xan de Caxoto Pase das 17.00 h

Mediante os espectáculos "Levántate, Xan", de Caxoto, creamos unha sesión multidisciplinar na que, a través da palabra, da música en directo, do xogo e da complicidade das familias; levamos as crianzas a unha aprendizaxe do mundo animal, da lingua e dos sons.

A quen vai dirixido?:

Familias con crianzas de 1 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/02/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/02/2020 ata o 18/02/2020

A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 1 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 h

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Organiza:

Normalización Lingüística

Contacto:

inscricions@coruna.es

981 184 200 ext. 34333

É hora de deitarse na granxa. Xan revisa que todas as tarefas estean feitas: fixo os deberes, limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama... e marchou para a cama. Pero esqueceu algo moi importante: DARLLES A CEA AOS ANIMAIS!!!

Ao día seguinte, o galo érguese cedo como cada día para espertar o sol, pero ten tanta fame que non pode cantar! E todo o mundo sabe que se o galo non canta, o sol non se levanta, e se o sol non se levanta, Xan nunca espertará e non lles dará de almorzar. Que desastre!

Historias, xogos e cantigas en que os animais da granxa son os verdadeiros protagonistas.

A actividade desenvolverase nas aulas do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión