Concello da Coruña

Concello da Coruña

LGTBIQ+

LGTBIQ+ son as siglas que designan colectivamente lésbico, gai, bisexual, trans, intersexual, queer, incluíndo a través do + calquera outra identidade que quede no medio de todas elas ou en ningures.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/06/2022

Xa rematou

Horario:

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

O Día Internacional do Orgullo LGTB celébrase o 28 de xuño debido á conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nova York, EEUU) ocorridos no ano 1969, que marcaron o inicio do movemento de liberación homosexual.

Ese día houbo unha redada policial no pub Stonewall Inn, situado nun barrio de Nova York. Como resposta, xurdiron de forma espontánea diversas revoltas e manifestacións violentas que pretendían protestar contra un sistema que perseguía as persoas homosexuais. Estes disturbios, xunto con outros feitos que ocorreron posteriormente, son considerados como as primeiras mostras de loita do colectivo homosexual en Estados Unidos e no mundo.

As celebracións do orgullo teñen un transfondo reivindicativo, xa que en moitos países do mundo a homosexualidade e a condición sexual non tradicional seguen estando criminalizadas, e en moitos outros, aínda que as leis as amparen, non están aceptadas socialmente.

O respecto á diversidade sexual reivindica o dereito das persoas para vivir con liberdade a súa orientación sexual e identidade de xénero, sen temor a discriminacións nin represalias.

A filmoteca do Fórum Metropolitano súmase o sábado 25 de xuño ás reivindicacións do colectivo LGTBIQ+ coa proxección de 2 documentais: "La revolución bailando", de Julia Rebato e Eli Martín, a historia das Chillers, un grupo musical referente underground madrileño e da defensa dos dereitos LGTBIQ+ e "Benvidos a Chechenia", de David France, Premio do público ao Mellor Documental na selección Panorama da Berlinale e Premio do Xurado en Sundance, intérnase na dura represión anti-LGTBQ do tiránico goberno de Kadyrov en Chechenia.

25 de xuño na Sala Marilyn Monroe

"La revolución bailando", de Julia Rebato e Eli Martín

Documental con intervencións das Chillers

España, 2020 - 64 min (VO en castelán) Formato: Blu-ray

25 de xuño na Sala Fernando Rey

"Welcome to Chechenya", de David France

Documental

Estados Unidos, 2020 - 107 min (VOS en castelán) Formato: Blu-ray

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión