Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros Vivintes, edición especial 10º Aniversario Biblioteca Ágora

Celebramos dez anos sumando cultura no barrio a través do programa Libros Vivintes

A quen vai dirixido:

Docente/Centro escolar

Cando:

Os días 18/01/2022 ás 16:30 , 20/01/2022 ás 10:50 , 21/01/2022 ás 10:30 , 25/01/2022 ás 16:30 , 28/01/2022 ás 10:30

Xa rematou

Inscricións:

Actividade pechada para centros educativos de educación secundaria.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#LibrosVivintes #SumandoCultura

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O obxectivo do programa Libros Viventes é compartir historias de vida, coñecementos e intereses co alumnado dos centros de secundaria da nosa contorna, a partir dos cales reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal da mocidade dentro e fóra das aulas. Deste xeito, preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería ter compartido.

Nesta ocasión, e con motivo de celebrar o 10º Aniversario da Biblioteca Municipal Ágora, recuperamos doce libros viventes que pasaron pola biblioteca nesta década de traballo coa autoestima, o respecto e a cohesión social. Unha nova oportunidade para festexar o diálogo sumando cultura no barrio.

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión