Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

LIÑO LAGO Fake Abstract

Fake Abstract, do internacional artista galego LIÑO LAGO é a súa terceira mostra en Moret Art. Nela poderase gozar das súas novas obras, pertencentes á serie homónima que foi portada de numerosas publicacións internacionais, que presentan sorprendentes innovacións a nivel formal actuando tanto a nivel dos soportes como cos materiais empregados. 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/12/2020 ata o 29/01/2021

Horario:

De luns a venres de 10.00 h. a 14.00 h. e de 17.30 h. a 20.30 h.

Sábados de 12.00 h. a 14.00 h

.

Enderezo:

Espazo Moret Art. Rúa Uruguay 1, bajo. 15004 A CORUÑA

Contacto:

981 92 73 76

Na serie Fake Abstract, iniciada en 2018, Liño Lago xoga cos elementos crave da pintura abstracta (a cor e a liña) de tal modo que oculta baixo esa capa pictórica retratos de autores clásicos da Historia da arte, como dos neoclásicos franceses Jean-Auguste-Dominique Ingres e William-Adolphe Bouguereau, do pintor francés rococó François Boucher ou do sueco rococó Alexander Roslin, entre outros, que Lago plasma dun modo sorprendente. Deste xeito, establece un suxestivo diálogo entre elementos contrarios, como son a pintura clásica figurativa e a pintura abstracta contemporánea. Nesta ocasión, explora novas formas como o formato ovalado -moi propio da arte tradicional- ou o triangular irregular, e tamén aplica nalgunhas pezas, cun acabado intencionadamente imperfecto e irregular, pan de ouro, un material que se empregou desde tempos remotos para embelecer e ornamentar importantes obras, que non fai senón reforzar o discurso desacralizador de obras clásicas, pois como sostén o autor: "En todas as miñas obras as imaxes máis caducas ou estándar non se cren a si mesmas e deixan entrar a outra cousa diferente".

O percorrido internacional desta última serie, Fake Abstract, resulta abafador. Foi exposta en reputadas galerías de París, Londres, Montreal ou California, e en feiras de arte contemporánea como London Art Fair, Art Miami ou Art Market San Francisco. Así mesmo, apareceu en diversas portadas de libros de recoñecidos escritores españois e estranxeiros, así como en prestixiosas publicacións entre as que se atopan The New York Times Magazine, Elle USA, Architectural Digest Russia ou Vogue Italia, e ata en campañas publicitarias en pleno centro de Taipei en Taiwan. Cabe resaltar tamén, que Lago foi sinalado na revista Fóra de Serie como un dos artistas máis destacados nos que investir.

Liño Lago (Redondela, 1973) é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Conta cunha recoñecida traxectoria internacional e actualmente colabora de maneira estable con galerías en Reino Unido, Canadá, Francia, Grecia, Estados Unidos e España. O seu traballo foi exposto en destacados espazos nacionais e internacionais como a Casa Acesa de Madrid, o MAC da Coruña, o Flint Institute de Michigan ou a George Adams Gallery de Nova York. Así mesmo, participou en importantes feiras tales como Art Miami, "SH Contemporary" Art Fair en Shangai, ARCO ou Art Madrid, entre moitas outras. Entre os seus galardóns cabe resaltar a mención de honra no Museo Thyssen de Madrid no certame de pintura organizado pola "Fundación das Artes e os Artistas" e a mención de honra no "XXIV Premio BMW de Pintura".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión