Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Loquillo. El último clásico. Xira 2020 - CANCELADO

NOVA DATA: 6 de marzo de 2021. No caso de que alguén non queira acudir na nova data establecida para a súa realización, pode solicitar a devolución no correo imce@gestiontickets.online. As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán facer uso dos tíckets que xa teñen. Para as entradas adquiridas no despacho de billetes, tras a súa reapertura, habilitarase un prazo para atender as posibles devolucións.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2021

Con motivo das restricións sanitarias por causa da COVID-19, o concerto de Loquillo, previsto para o 6 de marzo de 2021 no Coliseum, foi cancelado.

Para compras en liña a través de Eventbrite e pagos no despacho de billetes da praza de Ourense con tarxeta de crédito: procederase á devolución automática do importe das localidades.

A devolución incluirá o importe dos gastos de xestión que fosen aboados.

Para localidades adquiridas no despacho de billetes da praza de Ourense: as persoas que adquirisen a súa localidade no despacho de billetes da praza de Ourense e aboasen o seu prezo en efectivo deberán dirixirse ao despacho de billetes da praza de Ourense para solicitar que se lles devolva o seu importe. Establécese como prazo para as devolucións desde o 13 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2021.

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

A apertura de portas será ás 20.00 h. Artista invitado: 21.00 h e o inicio do concerto ás 22.00 h (aprox.).

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Pista (s/n): 32,00 €

Tendido baixo (numerado): 36,00 €

Tendido medio (numerado): 32,00 €

Tendido medio (numerado): 32,00 €

Loquillo regresa máis Loquillo que nunca.

O seu novo disco, El Último Clásico, é unha colección de dez temas en colaboración cos mellores compositores nacionais. Leiva, Santi Balmes, Marc Ros, Carlos Zanón, Luis Alberto de Cuenca, Gabriel Sopeña, Mario Cobo, Josu García e Igor Paskual forman a lista creativa desta peza sonora que moi pronto formará parte indisoluble do seu repertorio. Unha parte indiscutiblemente esencial do cancionero popular e de valor incalculable.

Con El Último Clásico, Loquillo mira fixamente ao futuro sen perder as raíces. Unha viaxe cara á eternidade nun, por suposto, Cadillac solitario.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión