Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Los 4 músicos de Bremen"

A aventura empeza nun curral, Koky, un galo amante da música pasa as noites bailando. Ao amencer, adormece e non canta. Perseguido polo granxeiro, Koky foxe da granxa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/09/2022

Xa rematou

Horario:

sábado ás 17:30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

A entrada a esta película será libre ata completar a capacidade da sala.

Pouco despois, atopa un pequeno burro (Tonto), inxenuo e boíño a quen a súa ama trata cruelmente. Koky convence a Tonto para que se vaia con el a correr aventuras.

Os dous amigos traban amizade con Lupo, can dun músico ambulante. Lupo ten inquietudes musicais e desexa formar un conxunto para participar nun concurso que se vai realizar en Bremen. Canso da vida que lle dá o seu amo, Lupo únese a Koky e a Tonto. Os tres diríxense a Bremen pero sorpréndeos a noite. Nun caserón de aspecto misterioso buscan acubillo e alí coñecen a Burlón, un gato vagabundo. Entre tanto, uns ladróns róubanlle ao burgomestre da cidade o premio do concurso.

Título orixinal: Los 4 músicos de Bremen

Ano de produción: 1989

Duración: 86 min

País: España

Idioma: castelán

Dirección: Cruz Delgado

Guión: Gustavo Alcalde, Cruz Delgado, Javier G..Inaraja, Cruz Delgado, Jr. Inspirado no conto dos irmáns Grimm

Música: Manuel Pacho

Planificación e storyboard: Javier G. Inaraja

Deseño de decorados: Antonio Navarro

Fondos: Ángel S. Chicharro, Milagros Bañares, José Luis Romero e Miguel Salom

Deseño de personaxes: Cruz Delgado, Javier G. Inaraja, Basilio González e Iván Fernández

Animación: Basilio González, Juan Antonio Rojo, M.ª Carmen Chenza, Jesús Barbero, Miguel Ángel Fuertes, Antonio Ojeda, Valentín Caín, Bujor Estefanescu, Ramón García e Vicente Rodríguez

Axudantes de animación: Manuel Sirgo, Pedro Yela, M.ª Dolores Gonzalo, Juan Sánchez, Mariano Mendoza e Fernando Alonso León

Cámara: José M.ª Sánchez e Juan Manuel Guerrero

Produción: Estudios Cruz Delgado

Produtor executivo: José Luis Berlanga

Axudante de dirección: Cruz Delgado Jr.

Xénero: animación. Aventuras. Infantil

Cualificación: todos os públicos

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión