Concello da Coruña

Concello da Coruña

Los santos inocentes

De Miguel Delibes adaptación de Fernando Marías e Javier Hernández Simón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/06/2022 ata o 18/06/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 €  (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

De GG Producción e Teatro del Nómada en coprodución con Carallada!!, Aj Claqué, María Comunicación, Mardo, Juan Carlos Castro, Saga Producciones e Diodati se mueve

Los Santos Inocentes, preséntasenos coma un espello onde mirarnos.

Como sociedade

Como individuos

E coma todos os espellos, devólvenos o reflexo do noso pasado para que poidamos explicar o noso presente.

A imaxe á que nos enfronta é cruda, bela, salvaxe...pero sobre todo fondamente humuna.

Delibes, coma tantos xigantes da literatura e o pensamento tamén formula a mesma pregunta. Na súa obra maestra Los santos inocentes o xenial autor vallisoletano aborda o conflicto desde múltiples perspectivas, para ao fin outorgarnos mási ca unha resposta unha esperanza. E o que fai a partir dun personaxe que soamente se guí a partir do seu propio sistema ético, un personaxe que non entende de límites ou normas, pero que percibe á perfecció a diferenza entre o ben a o mal.

No seu maravilloso universo, Azarías, non pode comprender que a riqueza sexa unha cuestión numérica ou que a beleza teña que ver coas faccións do rosto. Azarías percibe o mundo sen disfraces porque é capaz, na súa inocencia, de ver o mundo tal e como é. e poriso é capaz de percibir a dor e a inxustiza do mundo nos desgarradores berros da niña chica, e por iso é capaz de percibir a bondade na súa irmá e o seu cuñado...e é capz de percibir a beleza alí on de realmente reside; na vid mesma.

Poderiamos pensar que a España, o mundo en relidade, que con maestría nos describe Delibes é cousa do pasado...e porén...se no silencio da butaca nos detemos un instante a escoitar esa profunda pulsión de liberdade que latexa en todos nós...deixarémola sair a "correr el Cárabo" coma Azarías, ou coma se de Paco "El Bajo" se tratarareponderemos: " A mandar, que para eso estamos"?

Con: Javier Guttiérrez, Pepa Pedroche, Fernando Huesca, Yune Nogueiras, Marta Gómez, Luis Bermejo, José Fernández, Raquel Varela, Jacobo Dicenta

Con dirección Javier Hernández-Simón

Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Venda en liña

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión