Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Madrid habita en mi memoria"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Tipo de actividade:

Encontros e presentacións

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

30/03/2020

Entrada libre ata completar a capacidade

Este evento xa rematou

Horario:

de 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Presentación do libro "Madrid habita en mi memoria", de Yolanda López, organizada pola AVV Oza Gaiteira Os Castros.

Acompañarán á autora, Asunción Caballero, por parte da Editorial, o escritor e xornalista Jacinto Ruíz e a escritora e abogada Diana Varela Puñal.

Ao longo destes corenta e cinco poemas, o libro conversa co lector nunha serie de lugares que, en aparencia son recordos fragmentados, pero que teñen o nexo temporal da autora, a cal nos conduce por ese percorrido aleatorio. En cada sitio, esparce os recordos dunha cidade habitada nela, dunha maneira moi propia. Coma se fose un patrimonio cultural, Yolanda constrúe a súa memoria metafórica sobre aqueles espazos comúns a todos os cidadáns: rúas, restaurantes, bibliotecas, centros culturais, hospitais mesmo, etc. nos que se detivo, mergullándonos enteira nesas paisaxes urbanas, durante os máis de catro anos que permaneceu no foro.

Yolanda López

Funcionaria de carreira na Administración de Xustiza. Licenciada en Filoloxía inglesa, técnica superior en turismo, tradutora e pintora, adicouse ao ensino medio e universitario. Realizou o DEA e a tesiña de licenciatura sobre a escritora sureña Eudora Welty. Foi investigadora nas universidadesde Santiago de Compostela, A Coruña, Castilla-La Mancha, Birmingham, Virginia e Mississippi, así coma no Centro Ramón Piñeiro, onde colaborou con diferentes ponencias e artigos de ensaio.

É autora dos poemarios "Verdugos impolutos" (2005), "Obertura sen heroe" (2006), "Grietas" (2012), "Temblor fiero" (2013), "Moralla" (2013), "Tántalo" (2014), "Paisaxes soterradas", "Con el tambor del viento" (2015) e "A secuestradora de océanos" (2019).

Galardoada con numerosos premios literarios en Galicia e no resto de España.

Tamén che pode interesar

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión