Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mágica Aventura de Cruz Delgado

Perico e Tita, perseguindo o seu papaventos, intérnanse no bosque. Alí atopan o castelo onde vive o Gato con Botas, quen lles conta como venceu ao ogro para que o seu amo casase cunha princesa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/09/2022

Xa rematou

Horario:

sábado ás 17:30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

A entrada a esta película será libre ata completar a capacidade da sala.

Os nenos seguen a procurar o seu cometa e chegan a uns arrecifes coroados por un faro. Soben a el e o fareiro relátalles as aventuras dun buque fantástico, que se aparecía misteriosamente para combater aos piratas.

O faro desvanécese na brétema e os nenos, lanzados por unha onda ao interior dunha gruta, descobren un inmenso tesouro. Sorprendidos polo seu dono, o xigante Gargantúa, conseguen fuxir axudados polo vento materializado nun bondadoso meigo que atopou o papavento dos nenos, e nel regresan. Mais o papaventos engánchase no catavento da casa do escritor Andersen, o cal lles amosa o seu último conto que trata dun avó e o seu neto que navegan a Xapón e rescatan á filla do emperador, raptada por un dragón.

O Meigo Vento volve para dicirlles que nun afastado país os nenos non poden xogar. Perico e Tita voan a Nuncajugar, a bordo do seu papaventos, e axudados por moitos xoguetes derrotan aos inimigos dos xogos infantís. Ao fin, impulsados polo Meigo Vento, abandonan agora Siemprejugar buscando novas aventuras, no medio dun apoteósico espectáculo musical.

Ano: 1973

Duración: 69 min.

País: España

Dirección: Cruz Delgado

Guion: Gustavo Alcalde

Música: Antonio Areta

Creación de personaxes: Cruz Delgado

Animación: Carlos Alfonso, Vicente G. Sangrador, Basilio González

Axudantes de animación: Mª Carmen Chenza, Mauro Mistiano, Ángel Izquierdo, Rafael Gordillo, Juan Ramón PinaFondos: Ángel S. Chicharro, Mauro Mistiano, Joséª M Zúmel, Ángel Cabrera

Cámara: Joséª M Sánchez, Rafael Catalán

Montaxe: José Luis Berlanga

Produtora: Estudos Cruz Delgado

Xénero: Animación. Fantástico. Aventuras. Infantil

Cualificación: Todos os públicos

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión