Exposición de Gloria García Lorca
Para público en xeral
Dende o 22/11/2018 ata o 25/06/2019
Xa rematou
Horario:
Luns a venres
11:00 -1 4:00 h
17:00 - 20:30 h
Sábados logo da previa cita
Galería Vilaseco
Telf.: +34 981 216 252 info@vilaseco.com
Son paredes que cobren as paredes e torres que marcan os camiños, as entradas e saídas.
Hai vendas que envolven as vasillas feridas deixando restos pequenos das súas outras vidas.
Pode ser branca, negra, ocre ou vermella. A miña man convértea en posibilidade.
Vexo nela o cobre, o silicio, o cal, algún peixiño antigo, garras de aguia e ollos de gato montés, sangue, unha vaca, choivas e aludes.
A terra é a memoria e garda para si a súa forma primeira, o seu primeiro recordo.
Non o esquece porque sabe que a man tamén é de barro. Somos o que lembramos.
Gloria García Lorca nace en NYC en 1945, durante o exilio da súa familia, onde estuda e conclúe a súa carreira en literatura e arte en Sarah Lawrence College, Bronxville NY. Vén a España e comeza a súa actividade como artista e traballa no campo da pintura e da escultura. Ao longo da súa traxectoria artística expuxo no Museo de Belas Artes de Málaga, en galerías de arte nacionais como Vandrés, Juana Mordó, Juana de Aizpuru e Travesía Cuatro, entre outras. O seu traballo tamén tivo presenza durante anos en diferentes feiras de arte contemporánea internacionais como Arco, Art Chicago e ArtBasel. As súas pezas forman parte de coleccións nacionais como a do Museo Raíña Sofía, Museo de Cáceres, Colección La Caixa e Fundación Loewe... e internacionais como Colección Barbara Rose de Nova York, Colección Faridech Cadot de París etc.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible