Concello da Coruña

Concello da Coruña

Marcos Tamargo "Daraja"

Moret Art ten o pracer de te convidar á inauguración da mostra "Daraja" de Marcos Tamargo, artista xixonés residente en Miami de gran proxección internacional, retratista das mulleres Premio Nobel e dos Premios Princesa de Asturias.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/12/2021 ata o 24/01/2022

Inauguración o xoves 16 de decembro ás 20.00 h

Xa rematou

Horario:

De luns a venres das 10.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h.

Sábados das 12.00 ás 14.00 h.

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

Na súa primeira mostra individual en Galicia e en Moret Art, o autor presenta unha selección dos seus últimos anos de traballo. Deste xeito, as súas obras vencelladas a Kenia, a serie "Anábasis blanca", e as súas pontes actuais, xunto con obras realizadas coa súa innovadora técnica MoveArt -permítelle construír dúas pinturas sobre o mesmo soporte, unha visible con luz natural e a outra na escuridade con pintura transparente- dialogan entre si e constrúen un viaduto ou "ponte" (significado do título da mostra en swahili) desde 2015 ata o momento actual.

Inauguración: xoves, 16 de decembro, ás 20:00 h

*O acto de inauguración cumprirá con todos os protocolos de prevención e seguridade COVID-19*.

En "Daraja", recoñécese a característica linguaxe abstracta-figurativa de Tamargo -asegura que "vivimos nun mundo abstracto, con pequenos toques de realidade"-, cheo de enerxía e liberdade, no que a materia e a textura xogan un papel predominante para compoñer as súas características paisaxes -que xorden da súa propia experiencia vital- e retratos cheos de intimidade sobre táboa ou papel.

Kenia supón o punto de arrinque da mostra e ao mesmo tempo, en palabras do artista, a súa estancia africana marca un fito no seu traballo; aparece a muller masai, inspirada en Giacometti, o cromatismo tórnase máis cálido e aberto, e a pincelada sóltase respecto dos seus traballos anteriores, ao mesmo tempo que se intensifica a incorporación de materiais como terra, maleza, excremento de elefante, café moído, cúrcuma etc. En "Anábasis blanca" o autor plasma a súa experiencia europea, de tal modo que o cromatismo arrefríase e a cor imperante é a branca, e en menor medida aparecen a gris e a negro; así mesmo, o matérico adquire maior intensidade, de tal modo que materiais diversos como restos de madeira, espigas, libros queimados ou muros aparecen cubertos por unha especie de neve, que constitúe o fío condutor da serie. Doutra banda, o groso de obras da exposición realízaas durante a etapa de pandemia actual, marcada pola COVID-19; nestas pezas as pontes, os seus personaxes e a natureza cobran máis importancia que nunca, e nelas o autor expresa a súa morriña polo exterior, por descubrir novos camiños e camiñar novas pontes. Por último, unha serie de obras realizadas coa súa nova técnica MoveArt ou da "luz negra" completan a mostra, entre as que se atopa o retrato de Marie Curie, cedido para a ocasión da exposición itinerante "Mulleres galardoadas cos Premios Nobel", patrocinada polo Nobel Institute, Nobel Museum e Unesco, entre outras institucións.

Marcos Tamargo (Xixón, 1982) inicia a súa carreira artística en Nova York, onde se forma na The School of Visual Arts enan The Art Students League. Viaxeiro infatigable, África supón un antes e un despois na súa exitosa traxectoria de gran proxección internacional. Participou en destacadas feiras de arte contemporáneas e expuxo o seu traballo en reputadas galerías, en cidades estranxeiras como Nova York, Miami, Canadá, Bruxelas ou Xenebra, e en numerosas urbes diseminadas polo territorio nacional. Cabe resaltar a súa faceta como retratista dos galardoados e galardoadas co Premio Princesa de Asturias e da S.M. o Rei Felipe VI durante cinco anos (2011-2015), así como de todas as mulleres distinguidas co Premio Nobel desde o ano 2019. A súa obra forma parte de famosas coleccións como a da Fundación Princesa de Asturias, Museo Infanta Elena, Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación de España, The Hispanic Society Museum de Nova York, Embaixada de España en Estados Unidos, Patrimonio Nacional de España ou a do Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Así mesmo, destaca o seu labor como embaixador en España da prestixiosa marca de pinturas Winsor & Newton.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión