Concello da Coruña

Concello da Coruña

Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López

A exposición Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López continúa a súa itinerancia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/07/2020 ata o 20/07/2020

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López é un proxecto expositivo que afonda na figura de María Elvira Fernández López (A Coruña, 24 de xaneiro de 1912 - 25 de marzo de 2003), Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminaría en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.

Comisariada polo artista e profesor de arte Juan de la Colina, a mostra nace do desexo de destacar e renderlle homenaxe á personalidade de Maruxa Seoane e, ao mesmo tempo, recoñecer e visibilizar o seu labor, reducido con frecuencia ao papel de 'muller de artista'. Para isto, a exposición reúne unha selección de óleos, fotografías, obra gráfica e documentación diversa, así como varias testemuñas, coa fin de elaborar o retrato dunha muller do seu tempo, que por vontade propia dedicou a súa vida a Luis Seoane participando da súa vocación de servizo á cultura galega.

Luis e Maruxa coñécense desde pequenos, xa que eran curmáns. A súa relación da comezo durante a súa adolescencia, e durará ata o falecemento do artista en 1979. Tras o estalido da Guerra Civil, Seoane parte para o exilio con destino á cidade de Bos Aires. Maruxa acompañaráo pouco tempo despois, tras casarse con él por poderes. Alí frecuentan a grupos de intelectuais galegos, españois, europeos e latinoamericanos. Maruxa leva a contabilidade, a axenda do artista, e exerce de interlocutora con galerías, museos e coleccionistas, encargándose do matemento de materiais, da montaxe dos lenzos de pequeno e mediano formato e da imprimación das teas. A partir de 1942, traballa como correctora de probas de todos os proxectos editoriais nos que intervén Luis, pasando a ser a súa colaboradora imprescindible e participando activamente nalgunhas das iniciativas máis importantes de Seoane no seu labor de dinamizador da cultura galega no exilio, como a revista Galicia Emigrante, editada no seu domicilio, á que contribúe con pequenos textos críticos e receitas de cociña, que tamén aparecerán na revista Correo Literario

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión