Trata dun traballo xornalístico onde dous galegos regresan ao campo de Mauthausen onde estiveron presos durante a Segunda Guerra Mundial.
Para público en xeral
05/11/2018
Xa rematou
19.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala)
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde (até completar a capacidade)
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica
981 184 293
A través da narración pódese coñecer coa súa propia voz a arrepiante experiencia de estar internado nun campo nazi e sobrevivir.
Os protagonistas do documental son Enrique Doval de Lugo e Joaquin Balboa de Ourense. Viaxamos con eles a Austria no mes de outubro de 1979. Trátase dunha produción dos servizos informativos da Televisión de Galicia con guión e dirección de Manuel López Torrente, imaxes de Alex Adonis, montaxe de Jose Pernas e produción de Xabier Trepat.
* Ó rematar haberá un encontro e debate co realizador do documental Manuel Torrente, o experto en deportación Eladio Fernández Manso e a familiar de deportados Encarna Díaz e ao que asistirán tamén outros familiares.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible