Concello da Coruña

Concello da Coruña

Merendas con contos en streaming

Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen ás nosas bibliotecas e que retransmitimos en streaming

A quen vai dirixido?:

De 3 a 7 anos

Tipo de actividade:

Contacontos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

10/05/2021

Este evento xa rematou

Horario:

De 18 a 19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Contacto:

A actividade corre a cargo da compañía Trinke Trinke Teatro e desenvolverase a porta pechada nas bibliotecas por mor das esixencias sanitarias, pero nós podemos desfrutar estas sesións cheas de contos e melodías a través do "streaming".

As sesións serán emitidas en directo na web e tamén na canle de youtube das bibliotecas e nelas haberá pistas para que consigas o carné de Rato de Lonxedetodo. 

Se queres que os ratiños e as ratiñas te chamen por teléfono en directo, deixa o teu teléfono e nome na túa biblioteca!

Achégate aos libros e á música dunha maneira atractiva e lúdica e déixate contaxiar dos mellores costumes: a lectura en familia! 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión