Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mika. Revelation Tour - Coliseum A Coruña

Con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno por causa da COVID-19 este espectáculo foi cancelado. Procederase á devolución automática do prezo das localidades compradas en liña (incluídos os gastos de xestión) e en despacho de billetes mediante tarxeta de crédito/débito. Para as entradas adquiridas en despacho de billetes mediante pago en efectivo, tras a súa reapertura, habilitarase un prazo para que sexan devoltas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/06/2020

Xa rematou

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

22:30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

de 26 € a 67,61 €

Non perdas o concerto de Mika. Revelation Tour, o vindeiro xoves, 30 de xullo de 2020 ás horas 22:30 h no Coliseum da Coruña (apertura de portas ás 21:00 h).

Mika volve aos escenarios!! O próximo día 30 de xullo estará no COLISEUM da Coruña presentando o seu novo disco "My Name Is Michael Holbrook".

Con máis de 10 millóns de discos vendidos ata a data, MIKA converteuse nun artista de ouro e platino en 32 países de todo o mundo e demostrou ser un verdadeiro home do Renacemento que mostra os seus moitos talentos como escritor de cancións, intérprete, deseñador de moda, ilustrador e columnista.

Tras catro anos de silencio, Mika volve ao panorama musical con 'Ice Cream', novo sinxelo e anticipo do seu quinto traballo de estudo, 'My Name Is Michael Holbrook'. Nesta ocasión o intérprete de "Grace Kelly"; atopou a inspiración na actitude irreverente da música dos anos noventa e en George Michael, entre outros. "Atrévete a ser a versión máis orgullosa de ti mesmo. Atrévete a ser un home sensual, atrévete a expresar en voz alta os desexos que sempre mantés dentro da túa cabeza".

Mika presentará 'My Name Is Michael Holbrook' nunha xira que percorrerá as principais cidades de Europa.

Non o podes perder!

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión