Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mindfulness en familia. Encontros para familias

Un encontro máis para pais, nais, fillas e fillos, onde intentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

26/10/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/10/2020 ata o 26/10/2020

Horario:

de 18.30 a 19.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Número de prazas:

8

Contacto:

brosales@coruna.es

Tel.: 981 184 389

Mindfulness en familia: un proceso en familia para adestrar a atención e a conciencia desde pequenos.

Aprenderemos a soltar a tensión diaria, a conectar máis entre nós, a tomar mellores decisións e a sentir como a respiración nos conecta coa vida, mediante técnicas curtas e conceptualmente simples, expostas nunha linguaxe que as nenas e nenos poden entender e que unha vez interiorizadas, repetirán en momentos durante o día, de maneira que se volvan continuas e automáticas.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. É imprescindible a asistencia cunha persoa adulta.

Agardámosvos!

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión