Concello da Coruña

Concello da Coruña

Monstros no camiño, de Ghazafellos Teatro, ás 17.00 h

Espectáculo para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

10/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/05/2022 ata o 10/05/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 anos en diante, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

 17.00  horas 

Duración:

50 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

18 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Tres investigadores da Europa do leste viaxaron polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Amosarannos os resultados da súa aventura coa axuda dunha máquina inventada por eles.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora haberá que inscribirse previamente  en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

A cada pase só poderán asistir 18 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión