Concello da Coruña

Concello da Coruña

Morat World Tour - Si ayer fuera hoy

A banda colombiana máis exitosa do momento volve a España para continuar co seu tour Si ayer fuera hoy Morat World Tour.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/06/2023

As entradas poñeranse á venda o venres 23 de decembro de 2022 ás 11.00 h

Xa rematou

Horario:

22.00 h

Apertura de portas ás 20.30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Front of Stage (Early entry): 80,00 €
  • Front of Stage: 68,00 €
  • Pista (Early entry): 52,00 €
  • Pista: 35,00 €
  • Tendido Baixo (sentado numerado): 38,00 €
  • Tendido Medio (sentado numerado): 33,00 €
  • Tendido Alto (sentado numerado): 33,00 €

Condicións de compra:

· A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.

· No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas asistentes tal e como figuran nos seus DNI.

· Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.

· No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as súas persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e obrigarse a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todos eles/elas se deberán identificar como integrantes do mesmo grupo.

Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Global Talent Services Music Entertainment Spain SLU

Documentos:

AUTORIZACION-DE-ACCESO-PARA-MENORES-DE-16-ANOS---MORAT-DEF.pdf (120 KB)

Tras máis de 70 concertos en 20 países durante o ano 2022, Morat estará de novo en España para presentar un dos shows internacionais máis importantes do momento.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente o día de concerto dende as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión