Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mulleres enxeñeiras de éxito

A UAITIE ofrece a través da itinerancia da “Exposición Mulleres Enxeñeiras de éxito e o seu impacto no desenvolvemento industrial”, que está formada por 19 paneis expositivos.• 5 paneis de Mulleres Enxeñeiras de éxito, denominadas PIONEIRAS.• 14 paneis de Mulleres Enxeñeiras de éxito.

A quen vai dirixido:

Otro tipo de público

Cando:

Dende o 23/05/2022 ata o 27/05/2022

Xa rematou

Horario:

de luns a venres de 9:00 h a 21:00 h

sábado 10:00 h a 14:00 h, 17:00 h a 21:00 h

domingo pechado

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Requisitos:

Desde 18 anos en diante no momento da preinscrición

QUE É UAITIE MULLER ENXEÑEIRA

É un proxecto que nace da inquietude pola escaseza de mulleres dentro das disciplinas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), especialmente no noso colectivo. Esta desigualdade implica un desaproveitamento inherente de talento, potencial creativo e enxeño que resulta clave para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico empresarial e da sociedade.

Desde a Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España consideramos fundamental reducir a brecha de xénero na profesión da enxeñería e levar a cabo accións que lles outorguen visibilidade a Mulleres Enxeñeiras de Éxito para que dean o salto ao liderado profesional.

É por iso que se promoven a tecnoloxía e a enxeñería desde todos os focos posibles para inspirar, educar e empoderar a nenas, mozas e mulleres co fin de que desenvolvan o seu talento e consigan ser unhas brillantes enxeñeiras, así como fomentar unha maior inclusión e igualdade de xénero dentro da enxeñería e establecer lazos asociativos entre enxeñeiras.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión