Concerto de Andrés Suárez. Xira 2021
Para público en xeral
31/07/2021
Xa rematou
22.00 horas
A historia de Andrés Suárez é o máximo exemplo de ata onde te pode levar a combinación de constancia e talento. Dos bares de Ferrol a encher o Wizink Center madrileño.
En xuño de 2020 o galego estreou o seu oitavo disco, titulado "Andrés Suárez", que alcanzou o Nº1 na lista de vendas físicas. Un disco homónimo de dez cancións cheo de luz no que o artista se ispe como nunca o fixo. Desde entón até agora, Andrés Suárez está a percorrer co seu impoñente directo a xeografía española coa xira #AS2020/21 esgotando as entradas de todas as datas anunciadas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible