Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Nueva Babilonia"

"Designar o no un trabajo como arte es una decisión táctica".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/04/2022 ata o 09/10/2022

Xa rematou

Horario:

Martes a domingo

11.00 h - 15.00 h

17.00 h - 21.00 h

Pechado os luns e os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíta

Organiza:

Fundación Luís Seoane

Contacto:

www.fundacionluisseoane.gal

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

San Francisco, 27, 15001 A Coruña - España

Comisarios Valentín Roma, Cuauhtémoc Medina

Artistas Marcelo Expósito

Tras o seu paso por La Virreina Centre de l'Imatge de Barcelona, a Casa de Iberoamérica de Cádiz e o Museo Universitario de Arte Contemporánea MUAC da UNAM en Cidade de México, a exposición Nova Babilonia. Designar o no un trabajo como arte es una decisión táctica", primeira retrospectiva do traballo do artista, crítico cultural e activista Marcelo Expósito chega á Coruña a través da Fundación Luís Seoane, onde permanecerá ata o próximo mes de outubro.

A traxectoria de Marcelo Expósito (Puertollano, 1966) comeza nos anos oitenta e esténdese ata a actualidade. Catro décadas nas que o autor elabora unha obra heteroxénea ao redor de cuestións de índole filosófica, histórica, cultural e política. A presente exposición, cuxo título fai referencia á cidade imaxinaria do pintor holandés Constant, reúne máis de cincuenta obras que transitan pola crítica dos modelos culturais e o dominio da teoría neoliberal, a análise da estética visual do franquismo, a elaboración do relato historiográfico do final da ditadura e da Transición en España, a construción das identidades fronte aos relatos culturais hexemónicos e a actividade dos movementos sociais contemporáneos, entre outras cuestións.

A mostra inclúe, ademais, varias pezas producidas en exclusiva para a ocasión, como "Dulces sueños de una vida mejor", para a que a Fundación Luís Seoane cedeu dous debuxos do álbum "Trece estampas da traizón" de Luís Seoane.

Comisariada por Valentín Roma e Cuauhtémoc Medina, "Nueva Babilonia. Designar o no un trabajo como arte es una decisión táctica" é unha coprodución de La Virreina Centre da Imatge de Barcelona, o Museo Universitario de Arte Contemporánea (MUAC) da UNAM (Cidade de México), a Casa de Iberoamérica de Cádiz e a Fundación Luís Seoane da Coruña.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión