Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de marzo de 2022

O ciclo de artes escénicas ‘Todo público’ volve ao Fórum Metropolitano cun espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro

‘Feirantes’, da compañía Teatro do Noroeste, pon en relevancia a cultura do rural galego a través dun monólogo teatralizado ideado para os máis pequenos

O auditorio do Fórum Metropolitano acolle, este sábado 5 de marzo, a segundo dos espectáculos de artes escénicas que abrangue a programación de primavera do ciclo 'Todo público', ideado para o público familiar e que, ata inicios do mes de xuño, ofrecerá sete representacións de contidos e técnicas variadas para nenas e nenos en idades de 3 a 12 anos.

O espectáculo desta fin de semana, 'Feirantes', posibilitará que as e os máis pequenos poidan gozar coa compañía Teatro do Noroeste a través dun monólogo teatralizado. 'Feirantes', que comezará ás 18.00 horas, e ten unha duración aproximada de 50 minutos, baséase nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro Os outros feirantes, onde aparecen reflectidas as andainas de diversas personaxes a través dun fío condutor, unha vaca, que representa en gran medida á cultura do rural galego.

'Feirantes' é un espectáculo sinxelo para todos os públicos a partir de 6 anos, feito desde o sorriso e a delicadeza, que busca a relación directa e limpa coas persoas espectadoras de hoxe. É un espectáculo en homenaxe á vaca, así como ás curiosas personaxes que aínda habitan en moitos puntos de Galicia.

As entradas para asistir ao espectáculo, xa á venda, terán un custo de 6 euros para o público xeral e de 2 euros para as/os menores de 3 anos. Ademais, tamén hai a posibilidade de adquirir un abono familiar (con tres entradas para unha mesma función) por 15 euros. Os pases están dispoñibles na web de Ataquilla.com, e tamén están á venda no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas, agás festivos), así como no despacho de billetes do Fórum Metropolitano desde unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que haxa entradas dispoñibles.

Un total de sete espectáculos na programación de primavera

Tras 'Úniko' e 'Feirantes', o auditorio do Fórum Metropolitano acollerá outros cinco espectáculos dentro do ciclo 'Todo público' ata comezos de xuño. Haberá espazo para o teatro físico e xestual, a danza, os monólogos teatralizados e os contacontos con obxectos e cancións. As funcións e datas previstas son as seguintes:

  • 2 de abril: Ningures (Teatro ó Cubo).

  • 7 de maio: Quixote (Pedras de cartón).

  • 21 de maio: Con la cabeza en las nubes (Eugenia Manzanera).

  • 28 de maio: Cris, la pequeña valiente (El Espejo Negro).

  • 4 de xuño: Tic Tac, el héroe del tiempo (Omar Álvarez Títeres).

'Todo Público', un ciclo con máis de trinta anos de vida

O Concello da Coruña foi pioneiro na programación de teatro para nenos e nenas cos seus ciclos 'Todo Público' e 'Todo Público Escolar', un dos primeros programas de teatro familiar e escolar a nivel nacional que plantexou centos de espectáculos e funcións. Así, desde hai 34 años, de forma ininterrumpida, incluso nos tempos de pandemia.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión