Concello da Coruña

Concello da Coruña

O cru e o cocido - Javier Ozores - Festival Mar de mares

Lugar: a lonxa da Coruña. Un mundo, a lonxa, dentro dunha cidade, A Coruña. Dous universos paralelos que dependen un do outro, pero que viven en tempos diferentes, como nas historias de amantes enfeitizados.

A quen vai dirixido?:

Público xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/09/2016

Xa rematou

Horario:

6.00 a 9.00 h da mañá

Prezo:

Actividade gratuíta tras a previa inscrición

Cando a cidade aínda dorme, a lonxa, unha das maiores de Europa, acolle a centos de pescadores, armadores, vendedores de peixe, intermediarios e cociñeiros que buscan o mellor para os seus negocios e participan na poxa diaria do peixe. Todo un espectáculo que moi poucos habitantes da cidade coñecen de primeira man e ao que poderemos asistir en vivo e en directo. Posteriormente, representantes da lonxa e o seu tecido empresarial desvelarannos as reviravoltas do seu funcionamento e convidarannos a tomar un café. A continuación, Javier Ozores, vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía, impartirá un showcooking na sala acristalada da lonxa, aproveitando a mellor materia prima do día, que degustaremos tamén a modo de "almorzo mariñeiro". Prepárate para o madrugón; será o máis divertido da túa vida.

Inscrición:

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión