Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de julio de 2018

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento presentou a iniciativa, coordinada este ano polas Bibliotecas Municipais e que se celebrará entre os días 1 e 10 de agosto

O edil José Manuel Sande salienta a “inxente” actividade da Feira do Libro da Coruña, que converterá os xardíns de Méndez Núñez "nun grande espazo cultural vinculado ás letras"

A programación infantil terá, por segundo ano consecutivo, especial protagonismo na cita, con 47 propostas, entre as que se atopan narracións orais, obradoiros ou espectáculos de artes escénicas

A Coruña acollerá a Feira do Libro do 1 ao 10  de agosto. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a 47ª edición da iniciativa, que marcará o inicio da actividade cultural no mes de agosto na cidade así como das Festas de María Pita. A Feira desenvolverase, un ano máis, nos xardíns de Méndez Núñez, "que se converterá no grande espazo cultural vinculado ás letras", salientou o edil, ao coincidir tamén a celebración do Salón Internacional Viñetas desde o Atlántico entre os días 6 e 12 de agosto.

O concelleiro destacou que este ano a rede de bibliotecas municipais da Coruña é a responsable da coordinación da iniciativa. "Para o goberno local é fundamental contar cos axentes activos no eido do libro, como é o persoal traballador das nosas bibliotecas, espazos referencias nos barrios que favorecen a democratización do acceso ao coñecemento e que teñen, ademais, unha relevancia fundamental dentro das políticas culturais do Concello", expuxo o edil, quen salientou tamén "a inxente actividade" que estes equipamentos promoven ao longo de todo o ano.  

Ademais da coordinación, o responsable municipal destacou a participación activa no deseño da programación das librerías da cidade, "dando así continuidade ao proceso participado e de programación conxunta que puxemos en marcha o ano pasado co obxectivo de poñer en valor e visibilizar o labor dun axente activo de proximidade". "Ao igual que as bibliotecas, as nosas librerías supoñen unha peza fundamental na difusión do coñecemento. Con esta nova edición da Feira, que ofrece unha programación frutífera e poderosa, darase conta do mapa completo do sector do libro na Coruña", sinalou Sande.

Programación

O escritor Xavier Senín será o pregoeiro da inauguración da proposta --o día 1 ás 12.30 horas-- na que participarán un total de 36 casetas, das cales 34 serán de librarías e editoriais, e outras dúas pertencerán á secretaría técnica. En total, durante os dez días da Feira, tanto a Federación de Libreiros como as librarías da Coruña organizarán numerosas actividades, así como preto dun cento de sinaturas de autoras e autores, entre as e os que se atopan Lucía Cobo, Arantza Portabales, Antonio Manuel Fraga, Elías Saavedra, Alfredo Conde, Eva Veiga, Ledicia Costas, Iolanda Zúñiga, Cándido Barral, Xurxo Souto. Celebraranse, tamén, en dúas carpas, 78 actividades para público adulto e infantil, ás que se sumarán as 20 propostas da nova edición de O Xardín dos libros, proposta impulsada desde o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), "e que amplía o espazo cultural en Méndez Núñez", apuntou concelleiro, quen estivo acompañado na presentación pola coordinadora da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.

No caso da carpa grande, para o público adulto, esta acollerá, a partires do día 1, presentacións de textos como Grandes éxitos, de Antonio Orejudo; Poesía Erótica: cantar de corpos, de Correa Corredoira e Yolanda Castaño; Fariña, de Nacho Carretero; Galicia en bus, de María Reimóndez;  Honrarás a tu padre y a tu madre, de Cristina Fallarás; A simetría das bestas, de Alberto Ramos; En el corazón de la lluvia, de Milagros Frías; Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa; Tempo fósil, de Pilar Pallarés; Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, de Manuel Pérez e Carlos Babío; Donde fuimos invencibles, de María Oruña; Sen Piedade, de Pedro Feijóo; ou Contra todo isto, de Manuel Rivas, entre outras propostas.

Este mesmo espazo tamén será o punto no que se dean as conversas entre creadoras, creadores ou responsables de edición, como Literatura nas marxes, na que participarán Blanca Riestra e Celso Castro; Negro sobre negro, con Diego Ameixeiras e Nieves Abarca; ou Editar poesía hoxe, con Dores Tembrás, Antón Lopo e Miguel Anxo Fernán Vello. Ademais, o sábado 4 de agosto, acollerá a segunda Brincadeira de ilustradoras e ilustradores, unha iniciativa posta en marcha o ano pasado polo Concello e as librarías da cidade para dar a coñecer tamén o sector gráfico local vinculado ao mundo da edición.

Actividades infantís

Tal e como destacou o concelleiro, por segundo ano consecutivo a Feira do Libro da Coruña contará cun importante reforzo de programación específica dirixida ao público infantil, con 47 iniciativas diferentes, como son obradoiros, charlas ilustradas, narracións orais, presentacións ou espectáculos de distintas linguaxes artísticas.

Ademais, baixo o paraugas de O Xardín dos libros, actividade impulsada polo IMCE e na que  participan sete compañías de artes escénicas da Coruña, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán todos os días, xunto ao estanque, narracións --en tres pases, que terán lugar ás 18.30, 19.00 e 19.30--, a cargo de Soledad Felloza, Caxoto, Charo Pita, Raquel Queizás, Ramiro Neita, e Pérez&Fernández, ademais de espectáculos --a partires das 20.00 horas-- da man de Pajarito, Pulpiño Viascón, Pistacatro, Pakolas, Silvia Penide, César de Centi, Capitán Garfo, Dinamo Teatro e o Mago Román.

Redes sociais

Por primeiro ano a Feira do Libro da Coruña contará ademais con presenza específica nas redes sociais. Baixo a coordinación das Bibliotecas Municipais, a cidadanía poderá seguir as diferentes actividades e presentacións que terán lugar ao longo das dez xornadas de celebración a través dos perfís en FacebookTwitter e Instagram. Estes días a veciñanza pode coñecer, a través destas canles, a propia historia a feira, así como os carteis históricos e as autoras ou os autores que estes anos visitaron o encontro.

Documentos:

Programación Feira do Libro da Coruña 2018 (1 MB)

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión