Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2022

O grupo coruñés Luar na Lubre pecha no Ágora a primeira edición do Festival Primaletras

O concerto, que dá continuidade aos actos previstos co gallo do Día das Letras Galegas, terá lugar este sábado 21 (21.00 horas) no auditorio do centro sociocultural

O auditorio do centro sociocultural Ágora acolle este sábado o peche da primeira edición do Festival Primaletras, un novo certame literario e cultural que durante os dous últimos meses implicou ás oito bibliotecas municipais da cidade impulsando actividades que contaron coa presenza de recoñecidas autoras e autores da escena literaria galega en datas como o Día da Poesía, o Día do Libro ou o Día das Letras Galegas.

Neste contexto, e dando continuidade á programación de actividades previstas co gallo do Día das Letras Galegas, o grupo coruñés de folk Luar na Lubre será o protagonista do concerto AgoraSón Primavera, interpretando os seus temas máis recoñecidos. 

A actuación, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, comezará ás 21.00 horas. 

Luar na Lubre, máis de 35 anos de traxectoria musical

Luar na Lubre é unha formación recoñecida en todo o mundo e un dos emblemas do circuíto musical galego: con máis de 35 anos de traxectoria musical e dous Discos de Ouro ás súas costas, a banda segue a ser un exemplo de produción de calidade. No ano 2020 presentou 'Vieiras e vieiros: Historias de peregrinos', un traballo con 27 temas no contexto do Ano Xacobeo 2021-22. 

Neste sentido, o concerto tamén atenderá ás lendas, tradicións e mitos que percorren o Camiño de Santiago cara a Compostela, pasando polas cancións populares da peregrinaxe a Galicia. Será, en definitiva, unha romaría musical, espiritual e romántica que poñerá o punto e final á primeira edición do Festival Primaletras, impulsado polo Concello co obxectivo de aglutinar os principais eventos e encontros culturais que se celebran na cidade durante a tempada de primavera.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión