Concello da Coruña

Concello da Coruña

O legado das rías galegas - Jorge Candán

Galicia ten unha débeda pendente co mar, un mar que ao longo dos séculos entregoulle a súa riqueza natural.

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/09/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Duración:

aprox. 1.30 h

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta (ata completar a capacidade)

Tras unha breve presentación por parte do autor do documental e do director de Sustentabilidade de Frinsa, Jorge Candán e José Aller, teremos a ocasión de ver, por primeira vez na Coruña, a longametraxe "El legado de las rías gallegas", unha película para a que Candán, recoñecido fotógrafo e documentalista mariño percorreu, durante máis dun ano, o máis profundo das rías galegas, co obxectivo de mostrar a vida salvaxe que se esconde debaixo das augas da fin da terra, e plantar así a semente dun compromiso de procura do equilibrio entre produtividade e conservación.

Con esta actividade pretendemos contribuír á divulgación e o coñecemento do valor natural das Rías Galegas para a economía, gastronomía e cultura de Galicia. Tras a proxección haberá unha quenda de preguntas e respostas co autor.

O fotógrafo vigués Jorge Candán é un dos fotógrafos submarinos máis recoñecidos do noso país. Nos seus máis de 20 anos de traballo nas profundidades mariñas realizou impresionantes traballos como "Prometeo encadenado", "Mar de estrellas" e "Mar de un bosque encantado", e gañou numerosos premios en distintos festivais de fotografía debaixo do mar, como o primeiro premio que obtivo no Festival de Cinema Submarino de San Sebastián. É un experto coñecedor das profundidades do mar galego.

Entidades

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión