Concello da Coruña

Concello da Coruña

O mar a fondo - Festival mar de mares

Mesmo os mares máis próximos son natureza descoñecida para o home. Isto converte a súa exploración en todo un aliciente. Co programa O mar a fondo, patrocinado pola Obra Social La Caixa e desenvolvido polo Centro Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Ciencias do Mar foméntase o coñecemento a partir dun proceso de ensino-aprendizaxe práctica e teórica que ademais xera interese na preservación do medio mariño.

A quen vai dirixido?:

Grupos escolares*, Familias e público xeral**

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/10/2016 ata o 31/10/2016

Xa rematou

Horario:

25 de outubro de 16 a 19 h
26, 27, 28 e 31 de outubro de 10 a 13.30 h e de 16 a 19 h
Sábado 29 e domingo 30 de 11 a 14 h e de 17 a 20 h
Martes 1 de novembro de 11 a 14 h
(Acceso ata unha hora antes do peche)

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, Bj. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta a talleres tras o previo pago da entrada ao Acuario.

Consultar prezos e gratuidades en mc2coruna.org

O mar a fondo distribúese en catro módulos cuxos formatos se adaptan ao público xeral, familias, profesorado, alumnado e investigadores:

1. Que se esconde dentro e debaixo do xeo mariño antártico?

Da man dos investigadores do ICM que viaxaron en numerosas ocasións á Antártida, poderemos observar pezas de xeo mariño, krill liofilizado entre outros elementos que nos axudarán a comprender a importancia de preservar a Antártida para preservar á súa vez a saúde do planeta.

2. O submarino

Mergúllate nas profundidades do océano a bordo dun submarino e pon a proba todos os teus sentidos de investigador.

3. Os bosques do mar

Nas profundidades do océano, a onde nunca chega a luz, hai vida rica e variada, moito máis parecida á dos bosques de terra do que imaxinamos. Ven e descúbreo ti mesmo.

4. Medusas: o éxito dunha estrutura morfolóxica simple e un ciclo de vida complexo

As medusas apareceron na terra hai uns 600 millóns de anos e desde entón conservan unha estrutura morfolóxica simple, que é o que lles permitiu sobrevivir todo este tempo. Aprende a coñecelas e a protexelas e mesmo a saber como tratar unha picadura de medusa.

*Grupos escolares de Educación Primaria (ciclos 2º e 3º), ESO, Bacharelato os días lectivos pola mañá. Enviar unha solicitude de reserva e, unha vez confirmada, aboar só o prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que corresponda, xa que é unha actividade sen custo adicional. A folla de solicitude está dispoñible no enderezo http://mc2coruna.org/escolares/reserva.html. Ao cubrila, indicar no recuadro de Observacións "Actividade do festival Mar de Mares no Aquarium Finisterrae".

**Familias e público xeral polas tardes os días lectivos e mañás e tardes a fin de semana e o martes 1 de novembro.

+ info: www.elmarafondo.com | www.mc2coruna.org

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión