Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

O mel non caduca - NOVA DATA!

Con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno por causa da COVID-19 este espectáculo foi aprazado e fixouse como nova data para a súa realización o 18 de setembro de 2020. No caso de que non queira acudir na nova data establecida para a súa realización, pode solicitar a devolución do importe da localidade no prazo máximo de 1 mes desde esta comunicación. As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán usar os tíckets que xa teñen ou reimprimilos coa nova data. Para as entradas adquiridas en despacho de billetes, poderase acudirse a el para solicitar a súa devolución ata o 30 de xullo de 2020.

Cando:

18/09/2020

Estado do evento:

Cambio de hora o fecha

Horario:

21.00 h 

* Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez que comece a función.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

(Quen acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada)

(As persoas beneficiarias de desconto deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Organizador:

IMCE

Unha traxicomedia biodegradable e ecosostible arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.

Un espectáculo cunha sorprendente dimensión plástica e sonora, creado a partir do universo das abellas e do mel. É unha obra para emocionar e concienciar, e tamén para rir e reflexionar. Rir de nós mesmos, como individuos e como especie. Cuestionarnos como puidemos, como humanidade, ter chegado ata aquí.

Intérpretes: Marián Bañobre e Avelino González

Dirección e texto: Santiago Cortegoso

Compañía: Ibuprofeno Teatro

Espectáculo en galego

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde una hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

venda en liña

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión