Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

O mel non caduca

de Santiago Cortegoso

Cando:

18/09/2020

Este evento xa rematou

Horario:

21.00 h

* Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).

(As persoas beneficiarias de entradas con desconto deben presentar o documento que o acredite ao mercar a entrada e ao acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo).

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organizador:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

Unha traxicomedia biodegradable e eco-sustentable arredor da obsolescencia programada, a relación do ser humano cos obxectos e a degradación ecolóxica do planeta pola lóxica capitalista perversa, o crecemento e o consumo masivo de produtos.

Un espectáculo cunha asombrosa dimensión plástica e sonora, creado a partir do universo das abellas e o mel. É un traballo para emocionar e concienciar, e tamén para rir e reflexionar. Rirnos de nós mesmos/as, como individuos e como especie. Cuestionar como puidemos, como humanidade, chegar tan lonxe.

Intérpretes: Marián Bañobre e Avelino González

Dirección e texto: Santiago Cortegoso

Compañía: Ibuprofeno Teatro

Espectáculo en galego

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho de billetes Central de praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Para compras en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión