Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Mi nombre es Coque Malla. Una confesión musical"

Coque Malla presenta o seu novo espectáculo “Mi nombre es Coque Malla. Una confesión musical” un show a medio camiño entre o espectáculo teatral e o concerto no que repasa a súa traxectoria vital e profesional a través das cancións que marcaron a súa historia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/04/2022

Xa rematou

Horario:

21:00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea: 35,00 €
  • Palcos: 32,00 €
  • Principal: 30,00 €
  • 1.ª fila Principal (VR): 28,00 €
  • Mobilidade reducida: 28,00 €

* desconto do 20% para carné xove, > 65 anos ou persoas desempregadas / desconto do 25% para familia numerosa

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

UNIVERSALODDS SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

"Mi nombre es Coque Malla" presenta a Coque só no escenario por primeira vez en moito tempo, arroupado por unha escenografía, deseño de iluminación e videocreación extremadamente coidadas nas que se apoia para cantar este monólogo autobiográfico. Teatro e música únense na confesión máis íntima de Coque Malla.

Dirección: Coque Malla

Escenografía de Beatriz San Juan

Deseño de iluminación: Valentín Álvarez

Videocreación: Miquel Ángel Raio

Textos: Coque Malla e Macarena Cabo

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión