Concello da Coruña

Concello da Coruña

O mozo da última fila

AVISO AOS COMPRADORES: PRÉGASE PUNTUALIDADE POR MOR DA DURACIÓN DO ESPECTÁCULO (100 min) PARA CUMPRIR CO TOQUE DE QUEDA.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/03/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

Claudio é un estudante de secundaria que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas.

Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. 

Elenco: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rubén Porto

Dirección e tradución: Alex Sampayo

Texto: Juan Mayorga  (premio Max no ano 2008 ao Mellor Autor por "El chico de la última fila").

Venda de entradas:

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 h. Venres: de 10.00 a 15.00 h

Despacho de billetes do Teatro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión