Concello da Coruña

Concello da Coruña

O noso barrio conta

"O noso barrio conta" é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre cidade sostible, plan de mobilidade e eliminación das barreiras arquitectónicas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2021 ata o 24/09/2021, os venres

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre mobilidade e eliminación das barreiras arquitectónicas, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza. 

O moderador será o membro da directiva da asociación: o periodista Pepe Lorenzo.

Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas a través do correo: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

E seguir a normativa sanitaria que establece os seguintes parámetros, entre outros:

  • O uso de máscara homologada
  • Manter a hixiene e limpeza lavando as mans e, en todo caso, utilización do xel hidroalcohólico que haberá á entrada e á saída da sala.
  • O uso da butaca asignada, e respectando sempre as indicacións do persoal traballador da sala.
  • Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
  • Respectar a sinalización.
  • Recoméndase limitar no posíbel a utilización dos aseos.
  • Cómpre que actuemos todas e todos con responsabilidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión