Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro de educación afectivo-sexual. Encontros para familias

Comezamos na Biblioteca Os Rosales, cos Encontros para pais, nais, fillas e fillos. Tentaremos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a Biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

27/04/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/04/2021 ata o 27/04/2021

Horario:

de 18.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Número de prazas:

8

Contacto:

brosales@coruna.es

Tel.: 981 184 389

Actividade dirixida a familias sobre educación afectivo sexual, a cargo de Raquel Graña. Nela trataranse temas como os principios da educación sexual, como aprender a coñecerse, aceptarse e relacionarse, a autoestima e a xestión emocional, a empatía e o ámbito relacional, os cambios corporais e a hixiene. Así como a promoción da comunicación e da boa relación entre as persoas implicadas co obxectivo de que a rapazada poida desenvolverse de maneira axeitada e saudable tendo en conta a súa idade. 

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. É imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.

Agardámosvos!

Medidas COVID

  • Uso obrigatorio de máscara.
  • Uso obrigatorio de xel hidroalcohólico antes de entrar á biblioteca
  • Mantemento da distancia de seguridade entre persoas ou grupos de persoas que acceden xuntas.
  • Declaración responsable. Todas as persoas que asistan ás actividades deberán asinar unha declaración onde manifesten que non presentan ningún síntoma compatible coa COVID-19 e no caso de presentalos comprométense a non asistir. O documento será facilitado polo persoal bibliotecario antes de cada actividade para a súa sinatura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión