Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ocean Film Festival: O mellor cinema para os amantes do mar

Déixate cativar por estes relatos que trae por primeira vez a España Mar de Mares. O recoñecido festival australiano de cinema mariño, Ocean Film Festival, presenta en Coruña as mellores películas realizadas no mar, debaixo da auga e na superficie; oito emotivas historias de aventura, paixón, superación e compromiso co medio ambiente mariño.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/09/2019

Xa rematou

Horario:

De 11.30 a 13.45 h

Enderezo:

Cinema IMAX Domus. Rúa Santa Teresa 1. La Coruña

Prezo:

Gratuíta, ata completar a capacidade

O acto contará cunha breve presentación e un descanso de dez minutos. Proxectaranse as películas:

  • A peace within, de Kerry Fraser (6 min). Philip Gray, un artista que busca lugares extremos nos que inspirarse, mergúllase nas augas dos cenotes mexicanos para pintar novos cadros.
  • I am fragile, de Florian Ledoux (3 min). Esta curtametraxe rodada nas paisaxes salvaxes do Ártico convértese nunha conmovedora mensaxe visual, unha oda á xeada paisaxe do norte.
  • Adventure is calling, de Lee Burghard (4 min). Que paixón incontida move as persoas mergulladoras a mergullarse unha e outra vez no océano?
  • Emocean, de Torry Harrington (23 min). Unha carta de amor escrita por surfistas, pescadores, científicos e amantes do mar que falan das súas relación de amor, aventura, perda e inspiración co océano.
  • Manry at sea, de Steve Wystrach (3 min) En 1967, Robert Manry, urbanita de Ohio nada dado á aventura, embarcouse nun pequeno veleiro para cruzar o Atlántico en solitario. A súa épica viaxe de 78 días atrapará a soñadores, amantes do océano e aventureiros.
  • Southern White Whale (20 min). Unha viaxe de acompañamento á Gran Balea do Sur pola Patagonia convértese nunha oda á natureza salvaxe.
  • Surface, de Ben Thouard (6 min). O gran fotógrafo do surf, Ben Thouard, trata de entender que é o que o impulsa a pasar tanto tempo debaixo da auga en busca da "foto" perfecta.
  • Sufrir Dan, de Tim Kemple (8 min) Cres que o surf é só mar e sol? Dan Schetter vive ao bordo do Lago Superior, de Michigan con longos invernos baixo cero e xélidos ventos que aproveita para surfear nas xeadas augas do Lago.

+ Información

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión