Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oceans (Océanos) de Jacques Perrin e Jacques Cluzaud

Cun orzamento de máis de 50 millóns de euros, "Océanos" está publicitada como a maior e máis espectacular produción documental da historia. 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/11/2022 ata o 12/11/2022

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove,  + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, prezo único 1,50 €

Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Navegar os mares a 10 nós cazando atúns, acompañar os golfiños nas súas inverosímiles piruetas, nadar coa gran quenlla branca, ombreiro contra aleta... é como ser un peixe máis entre eles. Despois do filme "Le peuple migrateur", Jacques Perrin e Jacques Cluzaud transpórtannos, grazas a unhas novísimas técnicas de rodaxe, ao máis intrincado dos océanos para descubrir alí unhas criaturas mariñas ignoradas e descoñecidas. "Océanos" formula preguntas sobre a pegada do home na vida silvestre respondendo por medio de emotivas imaxes á pregunta: "O océano, que vén sendo o océano?".

Documental

Francia, 2019 - 100 min (VOS en castelán)

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión