Concello da Coruña

Concello da Coruña

Olladas da animación coruñesa 2021/22

Casa Museo Picasso

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/12/2021 ata o 16/02/2022

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo Picasso. Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña

O sector audiovisual galego ten unha gran pegada na cidade da Coruña, un sector profesional que é motor da industria televisiva e cinematográfica e no que o cine de animación, ou debuxos animados, xa ten máis de dúas décadas de experiencia na cidade grazas á Escola de Imaxe e Son, aos moitas creadores que viven na cidade e a grandes feitos internacionais como os conseguidos pola produtora DYGRA con películas como EL BOSQUE ANIMADO, pioneira europea na técnica de animación 3D.

Coruña Gráfica e o Festival Animacción son dous exemplos de dinamización e divulgación do sector profesional que aúnan esforzos para potenciar e visibilizar o traballo que fan os animadores e animadoras e a súa contribución artística á industria cultural.

Esta exposición contará con actividades paralelas en colaboración con Animacción festival 2021. Máis información: www.corunagrafica.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión