Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os nenos da varíola

Adaptación a escena do libro de María Solar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/10/2020

Xa rematou

Estado do evento:

Ultimas entradas

Horario:

19.00 e 21.00 h

* Rógase puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez que comece o espectáculo.

Duración:

65 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

LOCALIDADES ESGOTADAS

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada).

(As persoas beneficiarias de entradas con desconto deben presentar o documento que o acredite ao mercar a entrada e ao acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

Os nenos da varíola é a adaptación ao escenario do libro de María Solar dedicado aos 22 nenos, que en 1803 partiron nun barco levando no seu corpo, do brazo, a vacina contra as vexigas do vello ao Novo Mundo. Formando así parte dunha das maiores fazañas médicas da humanidade: A Real Expedición Filantrópica de Vacinas.

Unha proposta escénica con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixo central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña, os verdadeiros protagonistas desta expedición.

Intérpretes: Victoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xosé Leis

Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez

Compañía: Pérez & Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego

Espectáculo en galego

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Para compras en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión