Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Oscar Rosende & Great Straits

O día 23 de xaneiro de 2021 chega ao Teatro Colón da Coruña, a esperada estrea do novo proxecto do cantante e guitarrista ÓSCAR ROSENDE, alcumado "MARK KNOPFLER galego".

Cando:

23/01/2021

Horario:

21:00 h 

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

26,00 / 28,00 / 30,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida: 24,00 €) (carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % , só no despacho de billetes)

(Todos lo que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Si vostede merca entradas con desconto no despacho de billetes debe amosar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que se celebra o concerto)

(Si vostede merca entradas con desconto a través de web, debe amosar o documento que acredita o desconto no momento do acceso ao recinto no que se celebará o concerto)

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

O coñecido músico volve aos escenarios presentando a súa nova banda: "GREAT STRAITS".

Baixo o título " The great songs of dIRE sTRAITS", Óscar Rosende achéganos unha emocionante e coidada selección das grandes cancións do seu idolatrado artista. Acompañado por unha ampla banda de excelentes músicos, percorrerá, nunha extensa homenaxe, os 40 anos de fecunda carreira do artista escocés. Teremos a oportunidade de acompañalos nunha viaxe sonora que irá dende o comezo de dIRE sTRAITS en 1978 ata a actualidade, con algunha pequena sorpresa que recalará no traballo da carreira en solitario de Mark Knopfler.

Oscar Rosende, o "Mark Knopfler galego", despois de máis de 12 anos nos escenarios e 260 concertos que o levaron a xirar por España, Portugal, Alemaña, Luxemburgo e Francia coa súa anterior banda, iniciará con este concerto unha nova xira, presentando a súa renovada e ambiciosa produción, rodeado de grandes músicos co obxectivo de velar con respecto e agarimo, a mellor homenaxe posible a DIRE STRAITS e Mark Knopfler que se fixo ata o momento, interpretando os temas do artista británico con máis sentimento, coidado e fidelidade, ca nunca."

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: dia do concerto desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Para compras online corunacultura.sacatuentrada.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión