Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas DI(N)VERSOS Juan Carlos Mestre e Miguel Mato Fondo

O luns 25 de xaneiro contaremos coa presenza de Juan Carlos Mestre e Miguel Mato Fondo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/01/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre, até completar capacidade.

Documentos:

Dossier Poetas di(n) versos (6 MB)

JUAN CARLOS MESTRE

 

O poeta e artista gráfico Juan Carlos Mestre naceu en 1957 en Vilafranca do Bierzo. Residiu en Chile e tamén en Italia, como bolseiro da Academia de España en Roma.

 

É autor dun bo número de libros de poesía e ensaio, entre os que cabería salientar Antífona del Otoño en el Valle del Bierzo (1985), La poesía ha caído en desgracia (1992) ou La tumba de Keats (1999), polos que recibiu o Premio Adonais, o Jaime Gil de Biedma e o Premio Jaén de Poesía respectivamente. A súa obra poética foi recollida en varias antoloxías como Las estrellas para quien las trabaja (2007) ou Historia Natural de la Felicidad (2014). Co seu celebrado libro La casa roja (2008), obtivo o Premio Nacional de Poesía 2009. De máis recente aparición é La bicicleta del panadero (E2012) polo que recibiu o Premio da Crítica Española.

 

Canto ao ámbito das artes plásticas, Mestre expuxo a súa obra en galerías de España, EE.UU., Europa e Latinoamérica. E ademais de editar libros de artista, realizou gravacións discográficas a canda músicos como Amancio Prada, José Zárate ou Pedro Sarmiento.

 

 

MIGUEL MATO FONDO

 

Miguel Mato Fondo naceu en 1953 en Ponteceso, e na súa mocidade trasladouse á A Coruña. É aquí, durante a etapa universitaria, onde se produce a súa entrada no mundo das letras e da axitación cultural. Logo de publicar os seus primeiros poemas na revista “Alén” a finais dos anos setenta, fixo parte do xa mítico colectivo poético que se deu a coñecer na década seguinte a través de varias antoloxías tituladas De amor e desamor.

Orientando a súa vida profesional cara á docencia, como profesor de Lingua e Literatura galega, a súa colaboración e compromiso cultural e literario acompañárono sempre. No entanto, o seu primeiro poemario individual non vai ver a luz até 2005, grazas ao Premio Fiz Vergara Vilariño: O whiskey na barrica; a el seguirá Terra Fría no pasado ano.

Alén diso, cultivou outros xéneros, maiormente traballos críticos e edicións literarias. É o caso de A mazá e a cinza (1976), A escrita da terra (Premio Espiral Maior de Ensaio, 1998), Señardade da luz (A obra poética de Manuel María) (2011) ou Transgresión e fraxilidade

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión