Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas dinversos: Maria do Rosário Pedreira e Xavier Rodríguez Baixeras

Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

14/06/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#Poetasdinversos

Contacto:

Documentos:

Folla informativa (4 MB)

A décimo segunda edición de POETAS DI(N)VERSOS toca o seu fin este vindeiro luns 14. O ciclo de poesía do Concello da Coruña -fundado e dirixido pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño- encara a novena cita mensual dende o pasado outubro xusto antes da habitual pausa estival que leva coñecendo dende 2009

Poñerán o ramo a esta edición caracterizada polas flutuacións na capacidade permitida, pero tamén pola incorporación das emisións en liña, dúas das voces máis consagradas da poesía en galego e portugués: Xavier Rguez. Baixeras e Maria do Rosário Pedreira. El é unha das voces máis salientables da coñecida como "Xeración dos 80", e conta no seu haber con premios tan importantes como o da Crítica de Galicia, o da Crítica Española en dúas ocasións, o González Garcés, o Caixanova, o Losada Diéguez ou a Homenaxe o Escritor na súa Terra da AELG tras quince poemarios para alén de ensaios, edicións críticas e multitude de traducións literarias. Hoxe xubilado do ensino medio, a carreira literaria de Baixeras (1945) cumpre neste 2021 corenta anos. 

Canto a Maria do Rosário Pedreira (1959), iniciouse nas letras da man da literatura xuvenil, con dúas coleccións adaptadas á televisión que venderon preto dun millón de exemplares. É tamén autora dunha novela, contos, unha biografía de Amália Rodrigues, letras de fados e cancións, pero a súa sona é máis como poeta (Premio da Fundação Inés de Castro) e como unha das máis recoñecidas editoras de literatura portuguesa. 

Ambos poetas recitarán os seus textos en lingua orixinal a partir das 20.00 h no Auditorio do Centro Ágora, nun acto de arredor dunha hora de duración, totalmente aberto e gratuíto (90 prazas) e que tamén se emitirá por streaming a través da web do Servizo patrocinador: o das Bibliotecas Municipais da Coruña. Unha libraría de proximidade achegará ao público interesado os títulos dos convidados no caso do interese en solicitar as súas sinaturas

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión