O venres 10 de febreiro ás 19.30 h, a Fundación Galicia Sempre presentará un novo exemplar da colección de cadernos Grandes Efemérides de Galicia, publicado aproveitando o 50 aniversario do nacemento de Estudantes Revolucionarios Galegos.
Para público en xeral
10/02/2023
Xa rematou
19.30 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa San Andrés 36, 1º. 15003
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
981 200 869
Con este novo exemplar pretenden lembrar e poñer en valor a importancia que ERGA tivo na construción da arquitectura de autoorganización do pobo galego, así como o seu papel como organización de masas no ámbito estudantil e escola de cadros para o conxunto do movemento nacionalista na Galicia.
Duarte Correa, membro da dirección de en ERGA os seus últimos anos de existencia e un dos fundadores do movemento xuvenil creado posteriormente, é o encargado de realizar un detallado repaso ás diferentes etapas que atravesou a organización ao longo dos seus case dezaseis anos de actividade.
No acto intervirá Duarte Correa, autor do caderno, que estará acompañado da secretaria xeral de, Galiza Nova Marta Gómez e Artai Gavilanes, responsable de organización de Erguer
Para anotarse prema aquí
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible