Concello da Coruña

Concello da Coruña

Principiantes

Baseado no texto de Raymond Carver

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/04/2021 ata o 01/05/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

"De que falamos cando falamos de amor?" é a adaptación teatral dun dos relatos máis coñecidos de Raymond Carver, que foi orixinalmente publicado en 1981. A peza xira precisamente arredor do tema do amor, a través de catro personaxes que conversan nunha cociña: un matrimonio "veterano" e unha parella de amigos máis novos cuxa relación é máis recente. Ao longo dunha tarde, nunha atmosfera marcada pola luz cambiante, os catro comparten as súas experiencias e ideas, grandes e pequenas, sobre o que significa o amor e a necesidade do outro. Romántica e desgarradora, realista e poética ao mesmo tempo, a peza non só é referente dunha época senón que nos atrapa hoxe coa forza dunha peza de música esencial.

Cando o relato viu a luz por primeira vez, foi recortado á metade por Gordon Lish, amigo e editor de Carver. Para esta montaxe baseámonos sobre todo na versión orixinal, que se recuperou en 2007, e tamén recorremos a outras pasaxes e fragmentos do autor americano, co que a nosa proposta quere ser unha inmersión completa nos elementos recorrentes do universo Carver: as relacións de parella, o amor e o alcol como refuxios pero tamén como armas mortais, a predestinación fronte ao azar, e a textura literaria da experiencia americana. Juan Cavestany

A pregunta é precisa. Catro personaxes intentan respondela: un cardiólogo que non sabe nada dos asuntos do corazón, unha muller namorada de quen lle rompeu o corazón e algúns ósos, un home todo ollos envolto nunha coiraza e unha muller crisálida que se converte en algo descoñecido para ela.

Medea, nas Metamorfoses de Ovidio, definiu ben o namoramento cando viu por primeira vez a Jasón; "Sentín como se unha frecha se cravase no meu peito ata as plumas". Dor, amor. Gozo, amor.

Como se dunha borracheira se tratase, de feito, trátase dunha borracheira, Herb, Terry, Nick e Laura falan, discuten, bícanse, peléxanse, escóitanse, entristécense, témense, atrévense, desmáianse, enfurécense, enternécense, abrázanse, emborráchanse, desespéranse, pregúntanse que é o amor. E mírannos, reflíctennos, pregúntannos. E é imposible non verse reflectido. Andrés Lima

Repartición: Javier Gutiérrez, Mónica Regueiro, Daniel Pérez Prada e Vicky Luengo

Director: Andrés Lima

Adaptación: Juan Cavestany

Coprodución de Vania, Producciones OFF, Carallada Show, Teatros del Canal

Venda de entradas:

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 h. Venres de 10.00 a 15.00 h

Despacho de billetes Teatro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión