Concello da Coruña

Concello da Coruña

Quique González "Sur en el valle"

Quique González presenta o seu novo disco, “Sur en el valle”, título inspirado nese vento famoso na cornixa cantábrica ao que se asocian todo tipo de lendas. Sempre hai un espazo para o imprevisto cando sopra o sur, un halo de misterio que se estende tamén a algunhas pasaxes desta colección de cancións concibidas en gran parte durante os meses máis duros do confinamento nos que o vento se apropiou das rúas baleiras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/03/2022

Xa rematou

Horario:

- Hora: 21.00 h

- Hora de apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 32,00 €

Palco Central: 32,00 €

Palco Real: 32,00 €

Palco Lateral: 30,00 €

Principal: 25,00 €

Principal 1.ª fila (VR): 20,00 €

Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

**Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Sweet Nocturna S.L

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

"Sur en el valle", gravado en novembro de 2020 na Casa Murada e producido por Toni Brunet, é un disco repousado e de grolo longo, máis reflexivo que narrativo, no que a natureza e os escenarios condicionan o diálogo interior que fía estas 11 novas cancións (e unha pista escondida). Ten un son orgánico, directo e unha enerxía contida que manexa unha fantástica banda que pon especial atención ás dinámicas. Un pouco máis afastado dos sons á americana doutros discos de Quique, "Sur en el valle" busca novas paisaxes sonoras e outórgalles maior protagonismo a instrumentos acústicos como o contrabaixo e a guitarra clásica. Vellas acústicas Gibson, Wurlitzer e Hammond e elegantes baterías acompáñannos tamén nesta viaxe. Escrito na súa maior parte o pasado ano dentro dunha vella furgoneta GMC Vandura aparcada no alto dun outeiro, ideal para escoitalo mentres conducimos e sentir que o vento sur nos brinda máis preguntas que respostas.

"Sur en el valle" (Cultura Rock / Varsovia Récords, 2021) é o décimo terceiro disco de Quique González nas máis de dúas décadas desde que iniciase a súa traxectoria discográfica. Tempo no que o artista madrileño construíu un repertorio único coa dedicación e o agarimo dun artesán. Respectado pola crítica e cun dos públicos máis fieis que se poden ter, vén á Coruña acompañado da súa banda para presentarnos esta nova colección de cancións cociñadas a lume lento nos Vales Pasiegos.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente os días de función desde dúas horas antes do inicio do concerto.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión